Chámase Ángel Ramos e acaba de chegar á DAG. Benvido!
Como sucede sempre que un novo socio chega á DAG, pedímoslle que se presente para que todos poidamos poñerlle cara e coñecelo un pouquiño mellor.
Ola! O meu nome é Ángel Ramos Regueira. Son un deseñador gráfico nacido na Coruña, aínda que actualmente vivo en Barcelona, onde vou comezar un Máster en deseño gráfico e proxectos editoriais en Elisava. A pesar de vivir tan lonxe, creo que é importante darlles á nosa comunidade e aos seus deseñadores o recoñecemento que merecen.