Convócanse os Premios CLAP 2015
Os CLAP son uns Premios Internacionais de Deseño Industrial e Deseño Gráfico aos que poden concorrer traballos de deseño gráfico e industrial realizados en América Latina, Os Estados Unidos, O Brasil, España e Portugal durante os anos 2013, 2014 e 2015.
Na edición deste ano admítense traballos candidatos aos premios en sete grupos de categorías: tipografía, deseño industrial, publicidade gráfica, miscelánea, gráfica dixital, branding e editorial.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata 31 de agosto, mais as inscricións realizadas antes do 20 de xullo teñen un 42% de desconto.
Toda a información en: http://premiosclap.org/