Gain organiza unha xornada sobre mobiliario intelixente
A Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) organiza a xornada Mobiliario Intelixente: Identificación de Oportunidades. Nela expoñeranse distintas posibilidades tecnolóxicas e desenvolvementos específicos para o sector do moble, á vez que se presentan casos de éxito.
Os temas que se abordarán serán:
- A Internet das cousas - internet dos mobles
- Novos conceptos de mobiliario intelixente para eSaúde e mellora da vida diaria
- Mobiliario multisensorial para servizos asistenciais e envellecemento activo
- Micro e nano Solucións para mobiliario intelixente de valor engadido
- Reunións B2B
A xornada está dirixida a emprendedores e responsables de dirección, produto ou innovación.
Data límite de inscrición: xoves 25 de xuño de 2015.. Inscríbete aquí
Data da xornada: xoves 2 de xullo de 2015
Horario: 09.30 h – 14.30 h
Lugar: Salón de actos do edificio CEI
Parque Tecnolóxico de Galicia
Xornada gratuíta. Imprescindible inscrición. Prazas limitadas.