Hoxe dámoslle a benvida Joan Ríos
Un novo socio que se suma á DAG para traballar en prol do recoñecemento do deseño galego
Ola a todos!
Chámome Joan Ríos, son deseñador gráfico nacido en Cádiz de rebote, pero galego 100%.
Actualmente resido en Vigo e estou rematando o grao de Deseño Gráfico na EASD de Ourense que compaxino con proxectos persoais.
Gústame o deseño como vehículo e ferramenta para resolver problemas de comunicación.
Estou moi ilusionado por formar parte da DAG e por poder contribuír co meu gran de area a impulsar e recoñecer o deseño galego.
Moitas grazas e un saúdo!