Isidro Ferrer impartirá en Pantón o seu obradoiro Eloxio da desorde
Trátase dun obradoiro de campo, unha das modalidades de formación ofertadas pola Plantación que se basea no encontro e convivencia cos autores.
Nesta ocasión, o obradoiro conducido por Isidro Ferrer centrarase en encontrar nos obxectos que nos rodean os valores sentimentais que albergan, procurando e descubrindo calidades secretas que habitan neles. Alterando minimamente a esencia das cousas, contruír outras novas cargadas de simbolismo, resaltando os valores semánticos, metafóricos e comunicativos dos obxectos.
Está dirixido principalmente a ilustradores, deseñadores gráficos, estudantes de deseño, ilustración, belas artes e a calquera persoa interesada na comunicación gráfica
A actividade desenvolverase durante a penúltima fin de semana de outubro na Casa dos Muros (Outeiro 1, Paderne, 27437 Pantón) no seguinte horario:
Venres 23: 19.00 h a 21.30 h.
Sábado 24: 10.00 h a 14.00 h / 17.00 h a 20.30 h.
Domingo 25: 10.00 h a 14.00 h
O custo do taller, 290 euros, inclúe taller + aloxamento + extras. Aos membros da DAG faráselles un 10% de desconto sobre o prezo. Para beneficiarvos desta oferta, o único que tedes que facer é inscribirvos a través de laplantacion.info / info@laplantacion.info / t. 692 958 429, especificando que sodes socios da DAG.