Palestra de Isidro Ferrer
O deseñador, aproveitando que esta fin de semana imparte un taller en Ourense organizado por a Plantación, achégase antes á escola Antonio Faílde para falar sobre o seu método de traballo e sobre como consegue dotar de novas dimensións e de vida propia os obxectos cotiáns.
Isidro Ferrer é na actualidade unha das figuras internacionais máis relevantes na gramática obxectual e na creación de universos cotiáns.