ROKdesign organiza unha xornada de portas abertas para este xoves 11 de xuño
Con motivo da semana internacional do deseño en Barcelona, o estudio ROKdesign do noso socio Antón García Seoane organiza este xoves 11 de xuño unha xornada de portas abertas. Ese día todos os estudios creativos de Sant Agustí 5 abrirán as súas portas ao público ás 10 da mañá e ofrecerán unha actividade ou exposición preparada en exclusiva para a ocasión.
No caso de ROKdesign e do resto de coworkers do estudio trátase dunha intervención artística titulada La Persiana Indiscreta consistente na realización, mediante a técnica do graffiti art, dun mural artístico. O traballo será realizado por ROKdesign en colaboración con Rughy, ilustrador proveniente de Italia. O punto de inspiración inicial é a mirada ao deseño dos anos 50. Para a intervención, ocuparán parcialmente a beiravía cun andamio móbil. A actuación, concibida como reclamo, durará toda a xornada.
Alén de á actividade, ROKdesign convida a todos aqueles que o desexen a entrar no seu estudio e coñecer de primeira man o local, a metodoloxía de traballo, así como os últimos proxectos e traballos.
Enderezo:
Carrer Sant Agustí 5 - 08012 - Barcelona