Temos unha nova compañeira na DAG
Queredes coñecela, verdade? Pois aquí está a súa presentación
Boas. E non só como saúdo, senón porque para min son boas novas poder formar parte da DAG e estar en contacto con profesionais do medio deste país.
Chámome Laura Alonso, son licenciada en Belas Artes e conto cun Máster en Dirección de Arte en Publicidade pola Universidade de Vigo. Levo anos adicándome ao deseño e en xeral ás artes gráficas. Agardo que a travesía sexa ben produtiva.