Un ciclo de charlas para conmemorar os 50 anos de Alberto Corazón no mundo do deseño gráfico
Este xoves 17 setembro ás 19.00 h terá lugar o primeiro dos encontros programados pola Fundación Telefónica con motivo da exposición Alberto Corazón. Deseño: a enerxía do pensamento gráfico 1965-2015.
Trátase de encontros nos que diferentes profesionais e expertos na materia abordarán distintos temas relacionados co deseño e a comunicación.
Os convidados deste xoves serán Alberto Corazón, Premio Nacional de Deseño e académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Enric Satué, Premio Nacional de Deseño e Pepe Barro, renovador do deseño gráfico en Galicia, tres mestres das estratexias tipográficas que se reunirán para conversar sobre tipografía e comunicación gráfica.
A súa conversa poderase seguir en streaming desde o espazo web da Fundación Telefónica e en Twitter co hashtag #AlbertoCorazón
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala do Espazo Fundación Telefónica na rúa Fuencarral, 3, Madrid.