• Acerca de la DAG
  • Noticias
  • Proyectos
  • Socios y socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios y socias Proyectos

Mocca Helados

Estudio
Sond3
Cliente
Carlos Montero
Ano
2012
  • Natalia Crecente García Natalia Crecente García
  • Segundo Fdez Segundo Fdez

No ano 2012  Carlos Montero  materializa un dos seus sonos máis cobizados, crear e comercializar unha marca de xeados

Da contracción de Montero e Carlos nace MOCCA. Xeados artesáns, de calidade, feitos con agarimo e auténtica paixón, onde o produto ben feito prima sobre calquera outra cousa.

A formulación da identidade pasa por darlle  protagonismo ao propio nome, xa que a priori é a persoa que hai detrás quen conforma a empresa e quen da a cara polo produto.

Deseñamos o logotipo cun xogo tipográfico usando a doble C como nexo de unión entre nome e apelido, con diferentes variantes para as aplicacións: composición vertical, horizontal e abreviado. Acompañando ao logotipo contémplase a posibilidade de incluir unha lenda ou parte descriptiva, neste caso “helados”, e noutras aplicacións, “helados artesanos, helados artesanos de Lugo…”

Debido a diversidade de aplicacións e sabores que ten o proxecto, contamos con varias cores corporativas, así como unha forma baseada nos conos dos xeados e materializado nun triángulo  que serve como vínculo e permite facer unha marca escalable, flexible, e consistente.

Este proxecto medra día a día, por iso a gráfica aplicada non está pechada e segue medrando paralelamente ás necesidades do mesmo.

http://moccahelados.com

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º piso)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.