Asociación
Gallega
de Diseño

  • Acerca de la DAG
  • Noticias
  • Proyectos
  • Socios y socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios y socias Proyectos

V Premio de Arquitectura Enor

Estudio
Desescribir
Cliente
Grupo Ascensores Enor
Ano
2010
  • Cibrán Rico López Cibrán Rico López
  • Suso Vázquez Gómez Suso Vázquez Gómez

Seguindo coa identidade desenvolvida para os Premios Enor na anterior edición, papel de cor e figuras xeométricas, para esta nova edición quixemos experimentar con outra calidade do papel: a transparencia.

Nun A4 pregado en cruz, construímos un crebacabezas con manchas de cor e tipografía, aproveitando a escasa opacidade do papel de 50 gramos no que se imprime. Así, o políptico pechado, cun pouquiño de luz, revela a figura protagonista destes premios, o pentágono; mentres que aberto se converte nunha paisaxe de cores e nun espazo onde perder a mirada.

O cartel está impreso por ambas as dúas caras. Aproveitando de novo a transparencia, resultan dous carteis nun, iguais pero diferentes, un en castelán e outro en portugués. Imprímese toda a superficie do papel con manchas de cor que se alternan nos dous lados, agás no centro, onde se revela o pentágono.

Para aforrar pranchas de impresión e poder conseguir varias cores, tanto no cartel coma no políptico, utilizamos a técnica Iris dunha maneira artesanal, sempre coa complicidade de Gráficas Brial.

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º piso)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Miércoles de 16:30 a 20:30 h
Viernes de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Dirección postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
Es miembro de
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.