Símbolo da DAG

FEED 2021
Foro de deseño

SANTIAGO DE
COMPOSTELA

CGAC / MUSEO
DO POBO GALEGO

14.10.21

O FEED é un evento bianual que organiza a DAG Asociación Galega de Deseño desde o 2013 en diferentes cidades de Galicia. O obxectivo principal do FEED é o de establecer un espazo para profesionais e estudantes de deseño onde compartir experiencias e propiciar a reflexión e o debate dentro da nosa profesión, así como satisfacer a demanda de formación continua. Hoxe, é xa un evento de referencia no noroeste da península para todas as persoas e axentes económicos e culturais con interese nos valores innovadores do deseño.

O FEED 2021 volve presentar un programa de obradoiros e conferencias dirixido a estudantes de deseño, docentes e profesionais de diferentes disciplinas. Este ano, ademais, como DAG preside READ, a Rede Española de Asociacións de Deseño, o FEED vese complementado polo IX Encontro Nacional de Deseño. Ambos eventos porán o foco do deseño en Galicia durante catro días, buscando a maior reprercusión do traballo desenvolvido desde aquí. Con esta premisa e de xeito excepcional, o FEED 2021 concentra a súa programación nun só día.

Esta nova edición acolle a profesionais do deseño dixital, do deseño gráfico e a comunicación visual, do deseño de produto e de espazos, do deseño de experiencias e do deseño estratéxico e accesible. E, como en edicións anteriores, busca unha representación equilibrada de xénero, garantindo o obxectivo de presencia feminina en eventos profesionais adicados ao deseño que organizamos desde a asociación.

Obradoiros

10.00 H - 13.45 H
Obradoiro
Sistemas visuais flexibles

Elio Salichs

Two Points

10.00 h.
Auditorio
Museo do Pobo Galego

TwoPoints.Net é un estudio de deseño, especializado en sistemas flexibles para identidades visuais, publicacións e tipografía. Dende Barcelona e Hamburgo traballan para museos como o Museo Picasso Barcelona e o CCCB (Centre de Cultura Contemporània de Barcelona), para universidades como o MIT (Massachusetts Institute of Technology), Harvard, National University of Singapore, Curtin University, Designmatters no Art Center College of Design e Parsons School of Design, para editoriais como Gestalten, Viction:ary, Phaidon e Routledge, e empresas como IBM, ESPN, NIKE, Uniqlo ou Bershka. Non só deseñan, tamén son editores de máis de 30 libros sobre deseño para editoriais españolas, alemanas e de Hong Kong. O seu último libro explica como se deseñan os sistemas visuais flexibles, publicado pola editorial alemá Slanted.

Retrato de Two Points
10.00 H - 13.45 H
Obradoiro
Deseño informado por datos

Ricardo Tayar

Flat 101

10.00 h.
Sala de Pedagoxía
CGAC

Traballo no «sector» dixital dende 1998, comecei como deseñador web pelexando con HTML, CSS e PHP, entre outros. Co paso dos anos descubrín a SEO, o poder dos datos e a importancia de comprender a tecnoloxía para poder crear produtos e servizos dixitais que realmente funcionaran. En 2013 fundei, xunto cos meus socios, a empresa Flat 101, que dirixo dende entón, enfocando o noso traballo en deseñar e desenvolver produtos e servizos dixitais orientados ao rendemento e á eficiencia, e onde traballamos coa nosa propia metodoloxía CRO (Conversion Rate Optimization) para optimizar negocios, produtos e servizos dixitais que xa están funcionando pero non ao nivel de eficiencia desexado. Traballamos para mellorar o seu rendemento.
O deseño, os datos, a xestión de personas e a estratexia empresarial e de negocios son parte do meu día a día.

Retrato de Ricardo Tayar

Conferencias

16.00 H - 16.25 H.
Retrato de Laurent Ogel
Conferencia
Deseñar contra ventos e mareas

Laurent Ogel

16.00h.
auditorio
do CGac

Hai anos, en terras celtas non moi afastadas, conseguín o meu primeiro título de delineante pasando horas diante dunha mesa inclinable cunha regra de bordo paralela e contrapesos cheos de area, da que o maior perigo era cando caían os rotrings. Despois especialiceime no deseño de robots nunha rama do deseño industrial. Estaban aparecendo os primeiros autómatas programables, sen pantalla nin rato, códigos binarios case infinitos. Superfan de Papanek dende entón, hoxe, en todo o que ideamos, o deseño está omnipresente, de xeito que os produtos e os entornos náuticos sexan facilmente accesibles para todos.

Ao longo deses anos participei en diversos proxectos relacionados co deseño, a nivel rexional, nacional e internacional, en institucións, escolas e universidades, asociacións ou a Rede Española de Asociacións de Deseño, entre outras. Promotor da Cooperativa Galega Praxxis Inclusión e da Asociación Náutica A-02velas, socio fundador da Asociación de Empresas Triple Balance. E por suposto socio de DAG dende a ría de Ares-Betanzos. 

16.25 H - 16.50 H.
Conferencia
work in progress

Júlia Esqué

16.25 h.
auditorio
do CGac

Antes de establecerse pola súa conta en 2019, pasa os primeiros anos da súa carreira traballando entre Barcelona e Nova York. Os seus proxectos baséanse na investigación e hands-on making e foron exhibidos en Brussels Collectible Fair, Gent Design Museum ou Tokyo HKDI Gallery, entre outros. Compaxina o traballo no estudio coa docencia en escolas como LCI, Instituto Europeo di Design ou Elisava.
Entre os seus clientes estan o BD Barcelona, Bolon, Nomad Coffee, Roche Bobois ou Louis Vuitton.

Retrato de  Julia Esqué
16.50 H - 17.15 H.
Retrato de Laura Hernández
Conferencia
nova virtualidade

Laura Hernández

16.50h.
auditorio
do CGac

Laura Hernández, nada en Compostela no ano no que Cobi e Curro facían das súas, dende sempre tivo debilidade pola rama creativa. Descubriu a súa paixón coma unha mestura das artes e a tecnoloxía, polo que comezou a sua traxectoria profesional co Grado en Enxeñaría en Deseño Industrial na EUDI–UDC. Ao rematar, comeza a traballar en Barcelona mentres realiza o Máster en Motion Graphics na BAU, e tópase coa Realidade Virtual traballando en Visyon. Así, especializase no ámbito do deseño, interactividade e dirección da arte adaptadas a estas novas tecnoloxías, participando en conferencias internacionais coma ADDG ou TypoLabs.

Sempre buscando a relación entre arte e tecnoloxía, continúa os seus estudos co Máster en Deseño Contemporáneo da UPC e o Grao en Historia da Arte. Actualmente traballa en Fever, como Audiovisual Technical Lead, así como colaborando en distintas institucións coma IED ou CEU Abat Oliva, impartindo clases relacionadas cos medios immersivos e virtuais. 

17.45 H - 18.10 H.
Conferencia
Artefactos visuais.
Tipografía e publicacións independentes

Ana Moliz

17.45 h.
auditorio
do CGac

Ana Moliz é deseñadora gráfica especializada en deseño editorial e tipografía, fundadora e directora creativa de Moliz Estudio. É profesora do Máster de Deseño Gráfico e do Curso de tipografía dixital de Gauss Multimedia e co-fundadora do blog de deseño editorial e tipografía Rayitas Azules, a través do cal organiza Málaga Type, o encontro tipográfico entre amantes das letras. Dende principios de 2021 é redactora da sección de Tipografía da revista Gràffica.

Retrato de Ana Moliz
18.10 H - 18.35 H.
Retrato de Pablo Honey
Conferencia
Artesanía dixital

Pablo Honey

18.10 h.
auditorio
do CGac

Nado en Zas, criado en Suíza, vivo en Brooklyn (Nova York) e traballo de maneira remota para Automattic guiando a práctica de Deseño. 
Dediquei a maior parte da miña carreira profesional ao deseño de soportes dixitais no seu estado de constante fluxo, axudando tanto ás empresas Fortune 500 como startups a deseñar con e para as novas tecnoloxías: desde web, comercio electrónico, aplicacións móbiles, dispositivos wearables, AI, VR e unha variedade de produtos e experiencias avanzados.

O meu traballo foi exhibido e recoñecido internacionalmente en diferentes festivais e premios. De vez en cando dou clases na Parsons The New School ou School of Visual Arts, e son membro do consello de IxDA (Asociación Internacional de Deseño Interactivo).

Hoxe, á parte de cociñar, a bici, correr e a literatura, dedico as miñas habilidades e experiencia ao Open Source, axudando a construír unha web mellor e máis libre co mellor deseño e o máis responsable posibles. E intento facer de Automattic o mellor lugar para traballar 

18.35 H - 19.00 H.
Conferencia
Simplify

Verónica Fuerte

18.35 h.
auditorio
do CGac

Fundadora e directora creativa de Hey, Verònica é unha deseñadora, ilustradora, speaker internacional e directora creativa afincada en Barcelona.
Despois de graduarse en ELISAVA e EINA, foi gañando experiencia en diversos estudios de deseño ata que en 2007 fundou Hey, que foi medrando de maneira exponencial dende entón, gañando, á súa vez, recoñecemento a nivel mundial. Verònica traballa cun enfoque multidisciplinar e amplo do deseño; aposta pola creatividade sen límites, unha linguaxe contundente, e unha perspectiva con visión de futuro sobre que fan e como o fan.

Retrato de Veronica Fuerte

Programa

Xornada Matinal

Sala de Pedagoxía do CGAC

10:00–13:45 h
«Deseño informado por datos: como os
datos poden axudar a deseñar o mellor
produto/servizo dixital posible»

Ricardo Tayar

* Recomendable ordenador portátil
(non imprescindible)

Museo do Pobo Galego

10:00–13:45 h
«Sistemas visuais flexibles»
Twopoints

*Necesario ordenador portátil

Xornada TARDE

Auditorio do CGAC

15:30–15:45 h → Acreditacións

15:45–16:00 h → Inauguración

16:00–16:25 h
«Deseñar contra ventos e mareas»
Laurent Ogel

16:25–16:50 h
«Work in progress»
Júlia Esqué

16:50–17:15 h
«Nova virtualidade»
Laura Hernández

→ DESCANSO

17:45–18:10 h
«Artefactos visuais. Tipografía e publicacións independentes»
Ana Moliz

18:10–18:35 h
«Artesanía dixital»
Pablo Honey

18:35–19:00 h
«Simplify»
Verónica Fuerte

19:00–19:45 h → Rolda de preguntas

19:45 h → Despedida e peche

Entradas

COMPRA A TÚA
ENTRADA PARA
O FEED 202​1


Mercar
entradas

Debido ás restricións COVID-19, as prazas para participar nos obradoiros e nas conferencias están limitadas ao aforo permitido no momento de celebración.

* DESCONTOS PARA PERSOAS ASOCIADAS Á DAG.

Se queres asociarte faino agora. Tamén temos descontos para membros de READ e estudantes. Se eres unha persoa desempregada, infórmate en info@dag.gal

Localización

Organiza

Patrocina

Colabora