
Alejandro Araujo
Interiorista en ADOS Proyectos
T. 886 602 002 / 660 199 939
Interiorista en Ados Proyectos. Técnico Superior de Proxectos e Dirección de obras de decoración, Deseño de Interiores pola Escola de Artes e Deseño Ramón Falcón (Lugo).
Despois de trece anos traballando nunha multinacional, realizando proxectos de interiorismo, reformas e obra nova, fundei en 2013 Ados Proyectos, o estudio de interiorismo onde, conxuntamente cun equipo de profesionais, realizo proxectos de interiorismo, de iluminación, deseño de mobiliario e dirección de obra. Levamos a cabo proxectos totalmente personalizados, que inclúen dende proxectos residenciais, industriais e sanitarios, ata comerciais, oficinas e espazos públicos.