Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Álvaro Valiño

Deseñador gráfico e infografista

  • Web
  • Tumblr
  • Twitter

Álvaro Valiño, nado na Coruña, é Máster en Deseño Gráfico polo London College of Communication. Traballa como infografista e ilustrador freelance desde Washington DC e ten colaborado co National Geographic Magazine, Smithsonian Magazine, Corriere della Sera, Courrier International, e a revista Mongolia, entre outros. Foi xefe de infografía no finado diario Público e comezou a súa actividade profesional na sección de gráficos de La Voz de Galicia.

O seu traballo foi recoñecido pola Society of News Design en once ocasións e obtivo 28 premios Malofiej, o galardón máis reputado na infografía xornalística.

Impartiu seminarios de gráficos informativos en Madrid, Nova Deli e Kuala Lumpur. O seu traballo foi publicado nos volumes Information Graphics de Taschen e Visual Storytelling de Gestalten.

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.