
Begoña Pastoriza
Deseñadora web UX/UI en Balidea e colaxista
Deseño webs e apps accesibles e usables, para diferentes clientes de carácter nacional e internacional, principalmente de carácter institucional, destacando entre eles as Nacións Unidas ou o Concello de Dinamarca.
Por outra banda, dende hai varios anos desenvolvo a miña faceta máis artística a través da realización de obra gráfica, principalmente colaxes, que foron publicadas e expostas en diferentes espazos físicos e dixitáis, destacando por exemplo, o libro Mix & Match: Exploring Creative Collage Art da editorial Sandu Publishing de China, Magazine Artit.co de Londres ou Maché Digital, nos Ángeles.
A última obra realizada pódese ver e adquirir na Galería Monty4 da Coruña.