
David Silvosa
Deseñador gráfico en Costa
Costa
Calle Real, 55, 1º esq.
15003 A Coruña
T. 981 229 662
David Silvosa é arquitecto, deseñador e director de arte en Costa. Empezou a súa carreira nos estudios de arquitectura de Carlos Ferrater en Barcelona, de Arturo Franco Taboada en A Coruña e cunha estancia como deseñador no LEGO Concept Lab de Barcelona. Ten 15 anos de experiencia no desenvolvemento de proxectos multidisciplinares de arquitectura, interiorismo, deseño de produto, packaging, identidade visual e produción audiovisual para clientes como Zara, Vodafone, Estrella Galicia ou Kina Fernández; entre outros. O seu traballo foi recoñecido cun premio Habitácola polo FAD (Foment de les Arts i del Disseny), con unha bolsa Arquia da Caja de Arquitectos e polos premios Anuaria. También foi finalista nos Horeca New Business Awards e nos Premios Paraugas, e nominado á mellor Obra do Ano 2018 na categoría Arquitectura para a Saúde por Archdaily. Relator en distintos foros, o seu traballo foi publicado en libros e medios especializados nacionais e internacionais. En 2014 asóciase con Dani Bembibre e nace Costa. Desde xullo de 2018 é vogal do sector deseño no Clúster de Comunicación de Galicia.

Xunta de Galicia

Cervezas 1906

Losada Serrano

Cenor

Zendal

SON Estrella Galicia

Pinto & Chinto

Orballo

MEGA Mundo Estrella Galicia

Espirit

Zara Home

AED Asociación Española de Directivos

Oficina Municipal de Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña

Construdeco

VANENBIKKE
