Baixamar
Baixamar é un estante para albergar, principalmente, contos infantís. Aínda que realmente, admite calquera obxecto cuxas dimensións se adapten ás do oco presentado.
Baixamar xorde da combinación de dous estantes individuais Adorna situados en paralelo. Unha vez colocados estes estantes e a partir de tres sinxelos pasos, obtemos un estante maior(e sen necesidade de ferramentas).
Baixamar toma como referencia as embarcación típicas galegas (dornas) para dotalas dun significado máis poético (se cabe). O contido convértese nun continente e a idea vólvese evidente. Os contos transformaranse así, nas embarcacións para navegarem polo océanos da imaxinación.
As combinacións cromáticas (en clara alusión ao pintado tradicional destas embarcacións) e o contraste coa madeira natural, dotan os estantes dunha premeditada "calidez artesanal".