Bodime
Bodime é unha serie de animais de madeira cunha clara orientación lúdica, destinada a potenciar aspectos creativos e de motricidade fina, a través de accións e procesos derivados do uso do obxecto.
"Os nenos recoñecen os animais pola súa cabeza". Partindo desta categórica afirmación, xorden os animais de Bodime. O corpo pasa a un segundo plano, podendo compartirse entre as distintas cabezas mediante un sinxelo movemento de rosca, sen que a esencia dos diferentes animais perda un ápice de entidade.
O acabado natural destas pezas responde principalmente a tres premisas. Por unha parte (e debido fundamentalmente a que se trata dun obxecto manipulable) quíxose "achegar" aos nenos esa textura tan formidable que nos ofrece a madeira sen ningún tipo de tratamento. Por outra parte, evidenciar de maneira manifesta a finalización artesanal do obxecto dentro do proceso produtivo. E por último, permitir a posibilidade de que o neno pintase o xoguete ao seu antollo (un suave lixado devolveralle o seu aspecto orixinal).