Debut 10
- Estudio
- De dominio público
- Cliente
- Universidade de Vigo / ESDEMGA
- Ano
- 2010
- Colaboradores
- Marcos Villalba
En novembro de 2010 celebrouse no sexto edificio do Museo de Pontevedra a 4ª edición da pasarela Debut 10 que amosa os proxectos fin de carreira dos alumnos da última promoción dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia ESDEMGA. Este foi o ano da consolidación dun proxecto creativo que xira ao redor da moda galega.
A liña gráfica do evento formulouse a partir desa idea da unión de proxectos de todo un colectivo de deseñadores. Xeometría, deconstrución e mestizaxe conforman a idea dunha imaxe central que tenta representar moitas imaxes, tantas coma proxectos presentados.