Reforma de vivenda
- Ano
- 2017
- Lugar
- Vigo
Reforma dun piso nun edificio dos anos 70 que non sufrira ningunha actualización. Tratábase dun piso con demasiadas divisións, con boa luz natural pero que non chegaba a todos os recunchos. Decidimos comunicar estancias aproveitando a luz natural, ademais de aplicar novos acabados, novas instalacións e equipamento.