Sementedomes
- Ano
- 2013/2014
- Proxecto final de carreira (Estudos superiores de Deseño Gráfico)
Sementedomes é un proxecto ecolóxico de carácter lúdico, conformado nun pack que ofrece información e material para levar a cabo unha horta urbana en Galicia. Está composto por un calendario, unha guía de horticultura, dous bolsos de pano e unha caixa de ovos que servirán de sementeiras. Os seus obxectivos son atraer todo tipo de público, dada a súa natureza desenfadada, ofrecer un deseño respectuoso co medio e difundir a cultura das hortas urbanas. O deseño baséase no movemento DIY, caracterízase pola súa limpeza e sinxeleza e utiliza como ferramentas alternativas a ilustración e o hand lettering.