SERIE COVID
Esta serie naceu a raíz da pandemia COVID.
Supoño que a todos este momento nos marcou. A min polo menos si.
É un traballo traído de moitos sentimentos e sensacións. Plasmo, por un lado, algunhas obras máis escuras nas que o confinamento non deixaba claro que pasaba nin que pasaría.
E hai outras obras POST CONFINAMENTO, que representan a liberdade de volver a respirar, a compartir, a soñar, a voar, a sentir o vento, o mar... a dar un salto a algo novo ao anterior, pero un salto.
Espero que esta obra vos faga sentir tanto como eu sentín :)
Obra á venda en galería Monty4.