• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Vikinga Sans

Estudio
Mais Types
Ano
2013
  • Marcos Dopico Castro Marcos Dopico Castro

Vikinga Sans é unha tipografía Lineal Neo-Humanista Simplificada que explora formas tipográficas contemporáneas propias do norte de Europa, máis concretamente o denominado carácter nórdico ou escandinavo. O obxectivo é o de crear unha tipografía versátil para ser usada no terreo da identidade corporativa, que permita artellar un programa gráfico completo en todos os seus soportes (publicacións, sinalética, web, audiovisuais…), e que defina a súa identidade a través fundamentalmente dunha tipografía funcional e versátil pero sen renunciar á idiosincrasia e á pregnancia.

Vikinga Sans é unha tipografía lineal de baixo contraste entre os seus trazos horizontais e verticais, e cun deseño lixeiramente expandido. Como característica salientable destacan os viseis en algunhas diagonais de determinados caracteres e as formas circulares nas interseccións dos trazos que se xuntan coas horizontais, ofrecendo un carácter lixeiramente orgánico na composición de textos en tamaños pequenos. É salientable tamén en ese carácter de pregnancia o denominado “g nórdico” truncado ou aberto. En tamaños “display” ofrece un perfil máis racional.

Posúe 4 variantes: Light, Regular, Light Italic e Italic.
Formatos: Opentype (.otf) & Webfont
Character Set: Standard Western & Latin Extended

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.