Xornada de impresión tradicional

A Coruña, 26 de ABRIL

A impresión con tipos móbiles é un oficio artesanal dunha grande importancia histórica. Os pequenos obradoiros que utilizan hoxe as técnicas tradicionais afrontan a impresión desde unha nova perspectiva, unha nova forma de entender o proceso. Rendemos homenaxe á imprenta tradicional e celebramos a súa supervivencia na era dixital. EXPRESS é unha xornada para achegarnos a un oficio que ten moito que mostrar.


Lugar: NORMAL, Espazo de intervención cultural

Enderezo: Paseo de Ronda 47, A Coruña

Xornada Letterpress

actividades

Obradoiro «Letterpress»

Imparte: Manchea

Horario: 10:00–14:00

Duración: 4 horas

Prazas: 15

Prezo: de balde

entradas esgotadas

proceso de composición con tipos móbiles

Obradoiro de catro horas de duración no que as persoas participantes terán ao seu dispor varias prensas tipográficas, tipos de chumbo e madeira, e vellos clixés. Veremos na práctica as cuestións principais do proceso da imprenta tipográfica: ferramentas e materiais básicos, composición, uso das prensas e limpeza unha vez rematado o traballo.

Película «Los últimos»

Presenta: Pablo Pivetta

Horario: 16:00–17:30

Duración: 68 minutos

Prezo: de balde

Ata completar capacidade

fotograma do documental Los últimos

Fronte á deterioración das máquinas e o avance das novas tecnoloxías, os históricos impresores teñen que pechar os seus obradoiros. Ao mesmo tempo, un grupo de mozos descobren unha das maiores innovacións técnicas na historia: a impresión de caracteres móbiles. O último mecánico gráfico do país será o encargado de ensinarlles o oficio.

Coloquio «Imprenta tradicional hoxe»

Modera: Cibrán Rico

Interveñen: Tono Galán, Juanjo López, Pablo Pivetta e Laura Sánchez

Horario: 17:30–18:30

Prezo: de balde

ata completar capacidade

proceso de impresión tradicional

Falamos da situación actual da impresión con tipos móbiles. Contamos coa participación de varios profesionais vinculados ao oficio. A conversa permitirá coñecer a súa visión desde distintas perspectivas e contextos xeográficos (A Coruña, Madrid e Bos Aires).

Convite fin de xornada

Terminamos a xornada cunha pequena mostra dos traballos creados durante o obradoiro de «letterpress». Acompañaremos a conversa cunha boa cervexa proporcionada por 1906 e xamón Selecta Coren.

logo cervexa 1906 logo Coren

protagonistas

Manchea

Tono Galán e Laura Sánchez

Manchea é un taller nacido no 2014 na Coruña dedicado en grande medida a tentar que non se perdan as técnicas tradicionais e os métodos analóxicos de impresión, nomeadamente a imprenta tipográfica. Aprendemos facendo e a través da experimentación.

Tono Galán, artista multiindisciplinado fixo pintura e escultura durante 25 anos e nun momento determinado cambiou eses procedementos rumbo ás artes gráficas sen arrepentirse en ningún momento da andaina escollida. Adorador das máquinas a manivela.

Laura Sánchez, tradutora de formación, quizais por iso sente unha grande animadversión polos procesadores de texto e as impresoras modernas, e prefire indubidablemente entenderse con prensas e tipos analóxicos.

Juanjo López

Juanjo López

Deseñador de tipografías, gráfico, letrista e impresor de «letterpress». Juanjo López estudou Belas Artes, onde empezou a combinar o seu traballo e gusto polo feito a man cun perfil máis dixital. Membro da Familia Plómez, un colectivo tipográfico pre-dixital con base en Madrid, e Unostiposduros.com, unha web sobre tipografía en español. É, ademais, profesor de tipografía, lettering e «letterpress» en cursos especializados.

Pablo Pivetta

Pablo Pivetta

Graduado na carreira de Deseño Gráfico na Universidade de Bos Aires (FADU-UBA), fotógrafo e coleccionista de tipos móbiles. Pablo Pivetta combina todos estes intereses na realización de curtas documentais. «Los últimos» é o seu primeiro filme.

Cibrán Rico

Suso Vázquez e Cibrán Rico

Cibrán Rico López é arquitecto de formación pero xa perdeu a conta dos anos que leva deseñando en desescribir, sempre da man de Suso Vázquez Gómez. Na primavera do 2015 inauguraron a editora Fabulatorio cun primeiro título composto cunha Venus de 12 puntos e impreso nunha Minerva, tipografía en chumbo, por suposto. En ambos os proxectos, estudio e editora, o deseño non se entende sen o proceso de produción.