Foro
de deseño

Santiago de Compostela
3-4.11.2023

Sobre o FEED

O FEED é un evento bianual que organiza a DAG Asociación Galega de Deseño desde o 2013. O punto de partida destes encontros foi o FEET, un congreso orientado á edición e á tipografía que tivo lugar en Pontevedra no 2010 e que puxo sobre a mesa a importancia das reunións de profesionais do deseño en Galicia.

O obxectivo principal do FEED é o de establecer un espazo para profesionais e estudantes de deseño onde compartir experiencias e propiciar a reflexión e o debate dentro da nosa profesión, así como satisfacer a demanda de formación continua. Hoxe é xa un evento de referencia no noroeste da península para todas as persoas e axentes económicos e culturais con interese nos valores innovadores do deseño.

Este ano retomamos o programa de dous días completos con seminarios de formación, conferencias, mesas redondas e presentacións de proxectos. Os dous obradoiros están dirixidos por equipos de deseño especializados en motion graphics e deseño de procesos produtivos. As sete conferencias están protagonizadas por profesionais de deseño gráfico e editorial, deseño dixital, deseño de servizos, deseño de produto e industrial, deseño de experiencias e de espazos. Tamén contamos con presentacións de proxectos de estudantes de deseño e dúas mesas redondas participadas polos e polas conferenciantes.

O programa complétase coa visita á exposición «A cociña de Barro» na Fundación DIDAC, impulsada polo socio Pepe Barro no seu 50 aniversario na profesión e toda unha vida adicada ao deseño e á investigación.

Programa

Venres 3

10:00 - 13:30 h

Obradoiro Deseño gráfico a través de motion David Galar (Thru Studio)

15:30 h

Acreditación

16:00 - 16:15 h

Inauguración FEED 2023 Xóse García e Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia

16:15 - 16:45 h

Conferencia Design from Recycling José F. López Aguilar (Oiko Design Office)

16:45 - 17:15 h

Conferencia Web3 e deseño centrado en usuario na era do blockchain e dos NFTs María Agra

17:15 - 17.30 h

Descanso

17:30 - 18:00 h

Conferencia Thru Studio, deseño gráfico a través do movemento David Galar (Thru Studio)

18:00 - 19:00 h

Mesa redonda Modera: Xose García
Participan: María Agra, David Galar e José F. López Aguilar

19:00 - 20:00 h

Presentación de proxectos Estudantes das escolas de deseño de Galicia

20:00 h

Peche da xornada

Sábado 4

10:00 - 13:30 h

Obradoiro Deseño de negocios para negocios de deseño Marta Falcón

15:30 h

Acreditación

16:00 - 16:20 h

David Barro, director da fundación DIDAC e comisario da exposición «Galicia procesos y formas» en Porto

16:20 - 16:50 h

Conferencia Outros puntos de vista sobre o deseño Noemí Cortizas

16:50 - 17:20 h

Conferencia Creando local, comunicando global Àngela Montagud (Clap Studio)

17:20 - 17:40 h

Descanso

17:40 - 18:10 h

Conferencia Productividade en proxectos de deseño Marta Falcón

18:10 - 18:40 h

Conferencia A propósito de nada Isidro Ferrer

18:40 - 19:30 h

Mesa redonda Modera: Thais Suárez
Participan: Noemí Cortizas, Àngela Montagud, Marta Falcón e Isidro Ferrer.

19:30 - 20:00 h

Despedida e peche

20:00 h

Visita guiada á exposición «A cociña de Barro» (reservado a asociadas e invitadas FEED)
Pepe Barro
Fundación Didac

Mercar entradas

Descontos para persoas asociadas á DAG. Se queres asociarte faino agora.

Tamén temos descontos para estudantes e membros da READ. Se eres unha persoa desempregada, infórmate en info@dag.gal

Relatoras

Como chegar

Conferencias

CGAC
Rúa Valle Inclán, 2
Santiago de Compostela

Ver mapa >

Obradoiros e Exposición

Fundación DIDAC
Rúa Pérez Constanti, 12
Santiago de Compostela

Ver mapa >