A DAG segue a medrar
Na DAG estamos moi contentos, porque nada nos gusta máis que anunciar a chegada dun novo socio. E se hai apenas uns días lle dabamos a benvida a Laura Alonso, hoxe toca recibir a outro novo compañeiro. O seu nome é Manuel Moital Davila. Benvido!
Ola, son Manuel Moital Davila, deseñador gráfico e web.
Agora dedícome principalmente á usabilidade (UX/UI) web, facendo que a interacción entre o usuario e a aplicación sexa doada e comprensible.
Entro na DAG con ganas de formar parte da asociación e intentar colaborar en todo o que me sexa posible.
Un saúdo para todos/as dende Bueu