Unha charla & caña para falar de novas e vellas formas de organización
Actualización: Por causas de forza maior, adíase a caña & charla prevista para este venres. Avisaremos da nova data.
Uqui Permui da DAG e Marcelino de la Fuente de AGA serán os protagonistas da Caña & Charla que organiza o colectivo Unitaria para o vindeiro venres 9 de outubro ás 20.00 h.
Como nas edicións anteriores, trátase de encontros informais, abertos ao público, que teñen lugar no local de Unitaria situado na rúa de San Pedro s/n en Santiago de Compostela.