• Acerca de la DAG
  • Noticias
  • Proyectos
  • Socios y socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios y socias Proyectos

35. ESAV Escola Superior de Artes Visuais

Estudio:
Rafa Cáccamo
Proxecto:
Identidade de 35. ESAV
Cliente:
Escola Superior de Artes Visuais
Ano:
2017
Colaboradores:
Xisela Franco, Juan Pablo Moreiras, Enrique Touriño, Eutropio Rodríguez, Javier Fernández Pérez de Lis
  • Rafa Cáccamo Rafa Cáccamo

A xeito de homenaxe aos 35 milímetros do universo fotográfico, a Escola Superior de Artes Visuais de Vigo adopta o número 35 como nome para ser identificada. A presenza do punto ortográfico pecha toda posibilidade de continuar mentalmente a secuencia numérica, ao tempo que outorga contundencia visual.

Queriamos conseguir un símbolo que falase de fotografía e cinema dunha maneira eficaz, limpa e directa. Que as persoas interesadas en cine e fotografía recoñecesen por instinto a presenza da Escola. Era necesario e básico falar tamén de pluralidade, de apertura, de converxencias.

A solución atopámola no propio diafragma. Creamos unha secuencia de cinco aperturas diferentes e combinámolas entre si, formando unha figura base de 7 columnas × 5 filas: 35 diafragmas. Este foi o punto de partida para desenvolvermos diferentes estruturas visuais variando a posición dos diafragmas.

A diversidade de ofertas da Escola traduciuse na necesidade de identificarmos cada unha delas individualmente, pero sempre mantendo o seu vínculo coa matriz da Escola. Ordenámolas por cores e asignámoslles unha figura que evoca a súa función. Un porqué visual.

O mestrado de Fotografía de Autor e Documental definímolo visualmente mediante concentración; o de Publicidade e Moda, por expansión; o de Natureza e Científica, coa diferenciación de arriba e abaixo, do ceo e da terra; o de Cinema e Creación Audiovisual, co play; o ciclo formativo de Fotografía, co camiño central... un concepto de desenvolvemento que continúa a súa aplicación conforme van xurdindo novas ofertas educativas.

O resultado é unha identidade en continua transformación, que evoluciona e muta visualmente adaptándose a cada necesidade comunicativa.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º piso)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.