European Network of Folk Orchestras
- Estudio
- Uqui.net
- Cliente
- Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad) / Servizo de Educación, Concello de Vigo
- Ano
- 2011
ENFO é un proxecto directamente ligado a unha das compoñentes máis importantes da herdanza cultural europea: a súa música. As persoas, grupos e nacións identifícanse coa música en particular, e forma parte da súa identidade.
ENFO é unha rede de proxectos vinculados a ese patrimonio pero tamén ao futuro: á pedagoxía, e ao coñecemento, puntos nos que nos baseamos para realizar o logotipo.
Escolleuse como elemento gráfico central o f, a letra formalmente máis característica das que compoñen a palabra e que resulta ser notable tamén na súa expresión fonética e no seu contido.
Para o logotipo, deseñouse un lettering partindo desa letra f e tamén do o, investigamos alfabetos de distintas culturas vinculados á música, e inspirámonos tamén na tradición tipográfica europea.
A identidade corporativa desenvólvese co apoio da tipografía Good, de Lukasz Dziedzic, e coa sobriedade do branco e negro que só se rompe ante a pregunta “de que cor é a música?”, contestada coa referencia gráfica dos espectrogramas de son, a partir do que conseguimos unha gama de cores para as aplicacións vinculadas ao merchandising, ás chapas, camisetas, etc.