Micelio
- Ano
- 2015/2016
- Proxecto Fin de Estudos
Micelio é un proxecto de deseño gráfico e investigación que quere dar unha volta de folla ás guías de cogumelos tradicionais. Divídese nunha guía impresa e unha App móbil e en ambas as partes se reúnen os coñecementos xerais sobre micoloxía: morfoloxía, taxonomía, organolepsia, reprodución e alimentación, hábitat, etc. Complétase con outras ferramentas de grande utilidade, como un glosario técnico e unha clave macroscópica.