Volven as Xornadas de Arte e Deseño da Pablo Picasso
As xornadas comezarán o martes, día 15, ás 10:00 horas e rematarán o mércores ás 18:00 horas coa celebración do último relatorio. Todas as charlas este ano serán en streaming, retransmitiránse a través da canle de Youtube da escola.
Por cuarto ano consecutivo, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas de Arte e Deseño. Adaptándose á situación actual que estamos a vivir por mor da covid-19, todos os relatorios retransmitiránse en directo na canle de Youtube da escola polo que non é necesario facer ningunha inscrición previa.
Neste 2020, as xornadas estructúranse en dous días cun total de catro relatorios diarios, dous pola mañá e dous pola tarde, que contarán coa presenza de recoñecidos profesionais de diferentes especialidades vencelladas ao deseño. As temáticas que se tratarán abranguen dende o deseño de interiores, deseño web e deseño gráfico ata a fotografía, pasando pola escultura, arte mural, dourado e cerámica.
Dende a EASD Pablo Picasso recomendan que aqueles e aquelas que queiran seguir os relatorios se subscriban á súa canle de Youtube e activen as notificacións para así recibir un aviso antes do inicio de cada charla.
A continuación pódense consultar o programa e os enlaces de cada relatorio:
Martes 15
10:00h «La importancia del color en la composición» con Jesús M. García Flores
12:00h «Cerámica sen filtros» con Alberto Lista
16:00h «De niña a mujer» con Iván Castro
18:00h «A arte esquecida» con David Muñiz Boquete
Mércores 16
10:00h «Nos queda el presente» con Castroferro Arquitectos
12:00h «Interfaces de baixa fricción con transaccións e narrativas» con Javier Blanco Thomas, Glue.Digital
16:00h «A linguaxe Artística» con Miguel Ángel Vigo Baleiron
18:00h «Curar espazos» con Mutante creativo