7 traballos de socios da DAG premiados na edición deste ano dos Anuaria
Efectivamente, entre premios e seleccións anuaria, foron 7 os traballos de deseñadores da DAG que conseguiron un premio Anuaria ou máis de un. Este é o caso de Guillotina Estudio e de Dardo, premiados ambos con tres galardóns.
O proxecto O Almacén de Guillotina Estudio foi galardoado co Anuaria de Ouro na categoría de mellor programa de identidade corporativa, e o estudio coruñés aínda conseguiu unha Selección Anuaria máis na mesma categoría por Astrovisit Teide. O terceiro premio foi unha Selección Anuaria na categoría de mellor packaging polo traballo desenvolvido para Adegas Tollodouro.
Pola súa parte, Dardo conseguiu tres Seleccións Anuaria: unha na categoría de mellor cuberta dun libro, por Hakon Bleken. El camino entre la abstracción y la figuración; outra, na de mellor traballo de autopromoción; e unha máis na de mellor programa de identidade corporativa por La Monda.
Finalmente, Era Comunicación obtivo unha Selección Anuaria polo seu cartel para o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, categoría na que repite premio porque o ano pasado xa fora seleccionado polo seu cartel para a festa do mar de Combarro.