• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
30-06-2020 13:29:15

Elixida a 7ª Xunta Directiva da DAG

O pasado sábado, 27 de xuño, a Asociación Galega de Deseño celebrou a súa Asemblea Xeral anual. Nesta ocasión, co obxectivo de minimizar riscos innecesarios e facilitar a presenza de socios e socias que residen e traballan fóra de Galicia, a reunión foi online.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Como marcan os Estatutos, cada dous anos a DAG renova a súa Xunta Directiva cunha votación aberta das persoas que conforman a Asemblea Xeral. O equipo da Directiva saínte propuxo este ano unha nova candidatura na que Irene García e María Agra repiten como presidenta e vicepresidenta. O cargo de tesoureiro estará ocupado por Xosé García e o de secretario por Adrián Parcero. O equipo de vogais conta con Lois Guillán, Dani Bembibre e Simón Villamayor, que continúan no cargo, e coas incorporacións de Noelia Fernández, Antonio Doñate e Olaia Rodríguez. A nova Xunta Directiva resulta elixida coa votación positiva das persoas asistentes e dos votos delegados. 

A Asemblea Xeral da DAG, que habitualmente organiza algunha actividade paralela á reunión anual, tivo nesta ocasión unha dinámica diferente. Se ben a distancia non permitiu un encontro persoal, a celebración online facilitou a conexión de socios e socias que doutra maneira non poderían asistir. A asistencia e participación foi ampla e a experiencia igualmente positiva. Esta asamblea, pouco ordinaria para a Asociación, establece un punto de partida para dinámicas de interacción que máis que novas xa empezan a se converteren en habituais.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.