• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
16-06-2022 12:00:00

A Coruña énchese de deseño coa Galicia Design Week 2022​

Durante os meses de xuño e xullo A Coruña será a sede da GDW22, un evento que ofrece conferencias, presentacións de proxectos​,​ exposicións, roteiros, gastronomí​a​​,​ obradoiros e revisións de portafolios, nun formato híbrido con clara intención de achegar o deseño ao público xeral da man de profesionais do sector.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Galicia Design Week ofrece programació​n​ en catro eixos diferenciados: o Pro, con catro días de conferencias e presentacións; o Showcase, que inclúe tres exposicións dedicadas ao deseño; o Showroom, un escaparate dixital de creacións galegas e un roteiro por estudios e espazos de deseño da Coruña; e o Camp, con catro obradoiros e revisión de portafolios.

Nas conversas Pro do venres 24 e do sábado 25 participan 9 profesionais galegos mesturados con 5 referentes nacionais. O público poderá gozar dos traballos e da experiencia de, entre outros, Kike Besada, Realmente Bravo, Óscar Germade e extratype, Verónica Bello de Designit, Estefanía Casal​, Lucía Freitas, Laura Delgado e Idoia Cuesta, ou a nosa compañeira Uqui Permui. ​ 

O domingo 26, a xornada está protagonizada pola DAG.​ Pola mañá falaremos dos proxectos nos que estivemos inmersos estes últimos meses, como o Estudo da Economía do Deseño en Galicia, e tamén dos novos nos que estamos a traballar, como o 10ENAD que terá lugar en Pontevedra​​ o 21 e 22 de outubro. Pola tarde, daremos paso á presentación de traballos de asociadas e contaremos con Adrián Parcero de Guillotina Estudio, coa deseñadora dixital Begoña Pastoriza, con Alberto Rodríguez e o seu proxecto A marca compostela, e Thais Suárez da axencia creativa Sísmica.

O mércores 29, Gain organiza o Encontro de Deseño para a Innovación no CIS Ferrol, con motivo da celebración do Día Internacional do Deseño Industrial. Este ano centrará o contido en tres temas de gran relevancia: futuro dixital e desenvolvemento sustentable, o rural como motor empresarial e de innovación, e a economía circular e creativa. ​Para asistir de xeito presencial hai que confirmar asistencia xa que o aforo está limitado, mais tamén se poderá seguir en liña. Haberá autobuses desde A Coruña para asistir​.​  ​

Desde o venres 24 ata o 17 de xullo, a cidadanía poderá visitar os tres espazos expositivos Showcase: «O mellor deseño do ano» e «O futuro deseño galego» no Palexco, e «O novo deseño galego» na Praza de Pontevedra. Ademais o 30 de xuño está previst​a​ unha visita guiada polas tres exposicións​ que se complementa coa presentación do libro Vivir del diseño de Ana Gea. 

Do venres 24 ao xoves 30 de xuño, organízase o Showroom, un escaparate dixital de creacións de deseño galego e unha serie de visitas a estudios e espazos de deseño da cidade. E entre o luns 27 e o venres 30 de xuño, no estudio Follow, o Camp, ofrecerá unha serie de obradoiros especializados dirixidos a estudantes avanzados e profesionais. Os talleres versan sobre deseño de produto, branding, paixasismo e emisión en streaming.

A sede principal da GDW será o estudio Follow aínda qu​e​​ gran parte da programación se poderá seguir vía streaming. ​As entradas son de balde e é preciso inscrición previa a través da plataforma DICE.

Web GDW
Inscricións á GD​W
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.