• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
22-06-2023 20:03:50

A DAG celebra a súa Asemblea Xeral no Museo do Pobo Galego

O sábado 17 de xuño a DAG celebrou a súa Asemblea Xeral onde deu conta de todo o traballo desenvolvido neste último ano e pechou un ciclo importante coa entrega da presidencia da Red Española de Asociaciones de Diseño READ a Cuenca Diseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Museo do Pobo Galego acolleu por segundo ano consecutivo ás persoas asistentes á Asemblea Xeral. Na orde do día quedaron aprobadas as contas do ano 2022, presentouse a previsión de ingresos e gastos para o período 2023-2024, falouse do traballo interno da Xunta Directiva e da xestión diaria da asociación, coa inclusión de ferramentas que aportan axilidade e novas canles de comunicación máis directas para as asociadas. Presentouse tamén un cronograma resumo da actividade desenvolvida desde xuño de 2022 e a programación que se activará a partir de xuño deste ano.

Entre os fitos a destacar neste período están a co-organización do X ENAD en Pontevedra, cun programa de actividades paralelas que durou ata o 25 de novembro, a activación do proxecto AR\DE que presentou imaxe e web en xaneiro deste ano, a participación en varias mesas de traballo sectoriais organizadas pola Xunta de Galicia para a redacción de varios Anteproxectos de Lei relacionados coa cultura inclusiva e dixital de Galicia, a creación dun Manual de Benvida para novas asociadas, a gravación do progama A Porta Aberta para a TVG no que participaron Uqui Permui, Xóse García, María Ramos e Óscar Otero, a participación como xurado en varios certames e premios de deseño como os Premios Innovación e Deseño da Xunta de Galicia, os Premios Paraugas ou os Anuaria, e a organización do 2º Encontro de Deseño Galego na Casa Museo Rosalía de Castro o pasado 27 de maio. 

Uqui falou tamén da experiencia acadada como representante de DAG en READ e máis en concreto como presidenta desta rede nacional desde marzo de 2021. Repasou os fitos máis importantes acadados nese período e, na Asemblea de READ de marzo de 2023 organizada por DIEX en Mérida, pasou o testigo a Juan Lázaro de Cuenca Diseño.

Ao peche da Asemblea, Paula Cantero como seleccionada da chamada a proxecto lanzada en abril, presentou a liña gráfica do 7º FEED para o que xa hai datas e lugar confirmados: os días 3 e 4 de novembro en Santiago de Compostela. O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá as conferencias, mesas redondas e as presentacións de proxectos nas xornadas de tarde, e na Fundación DIDAC realizaranse os dous talleres matinais.

Coa entrega dos carnés ás novas asociadas deuse por rematada a Asemblea e púxose rumbo xa á organización das novas actividades e a participación continuada de proxectos e reunións con entidades colaboradoras: o 7º FEED, o 3º Encontro de Deseño Galego, o Nodo Galego do SNIC, AR\DE, a Asemblea READ, o XI ENAD...

Parte do grupo que quedou ata o final do xantar que se organizou na Pulpería Concheiros

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.