• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10-12-2021 12:00:00

A DAG colabora co programa Xuventude Mentoring da Xunta de Galicia

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoría destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. A DAG colabora difundindo información sobre o proxecto e servindo de canle para a incorporación de persoas asociadas como mentoras. Nesta edición contouse coa colaboración do deseñador industrial Javier Ferrín e a deseñadora editorial Paula Cantero de Origami Estudio.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O programa busca favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional e está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio. Os e as participantes ademais terán un asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa. 

O proceso de inscrición estivo aberto desde o 6 de agosto ata o 15 de setembro de 2021, e todas as accións deseñadas no programa nesta edición, desenvolvéronse entre os meses de outubro e decembro. 

O programa está ​promovido pola Xunta de Galicia e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (Cixug), cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.​

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.