• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
01-03-2023 11:51:51

A DAG conta cunha entrada no Diccionario do deseño e da innovación

ABC Deseño, o Diccionario do deseño e da innovación, editado pola Xunta de Galicia e Fundación DIDAC contén 100 fichas de profesionais, estudios e proxectos de deseño ordeados alfabeticamente para a súa fácil consult​a​. A DAG é unha delas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A primeira edición do Diccionario do deseño e da innovación en Galicia, presentouse en Santiago de Compostela o pasado mes de novembro de 2022 e é unha das iniciativas lanzadas pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación en colaboración coa Fundación DIDAC, dentro do programa Deseño para a Innovación Diferenza 2024. Esta primeira edición ofrece unha selección de 100 fichas de profesionais, estudios, proxectos, iniciativas empresariais e entidades ligadas ao deseño que participaron das diferentes accións desenvolvidas pola Xunta de Galicia desde o inicio do programa en 2018. 

A DAG forma parte da publicación como entidade representante dos e das profesionais do deseño en Galicia, e como colaboradora habitual do programa impulsado pola Xunta. Asemade, algunhas das asociadas á DAG tamén están presentes nesta primeira edición, como Álvaro Valiño, Cenlitrosmetrocadrado, Costa, Desescribir, Desoños, Idoia Cuesta, Pepe Barro e o Grupo Revisión, María Ramos, Marcos Dopico, Numax, Nuria Carballo, Roberto Núñez ou Uqui Permui. Moitas máis sumaranse nos próximos meses en posteriores edicións,​ pois é un proxecto que medrará​ co paso do tempo coa inclusión de máis fichas de referencia para consulta e interese do sector e da sociedade en xeral.   ​ ​

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.