A DAG participa na asemblea anual da READ
A asemblea terá lugar o próximo 16 de febreiro na Central de Deseño en Matadero (Madrid) e nela abordaranse asuntos como o desenvolvemento do proxectos en curso, a folla de ruta para o 2017-2018 ou a presentación código deontolóxico para a práctica do deseño en que está a traballar un grupo de profesionais do deseño desde o último 4ENAD (Encontro Nacional de Asociacións de Deseñado) organizado por READ.
O resto de temas da asemblea poden consultarse na orde do día que reproducimos a seguir:
10.00 h Recepción
10.30 h Inicio:
- Aprobación da acta da asemblea 2016
- Memoria de actividades de 2016
- Resumo das contas de 2016
12.00 h Desenvolvemento e xestión de proxectos en curso. Intervirán o coordinador xeral e os responsábeis dos proxectos:
- Transferencias 2016 / FSWD / Memorias do Diseño / Plataformas
- 5ENAD
- Comunicación
14.00 h Comida
15.00 h Renovación de cargos e plan de traballo para 2017-2018:
- Presentación da folla de ruta 2017/18
- Presentación do código deontolóxico
- Modelo de financiamento
Outros temas de interese para as asociacións.