• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
21-07-2021 12:52:38

A deseñadora editorial María Peinado únese á DAG

O verán de 2021 trae boas novas, a Asociación Galega de Deseño segue sumando asociadas. Alédanos poder seguir medrando en número pero tamén en diversidade. As últimas incorporacións á DAG teñen nome de muller e isto permítenos avanzar nun dos nosos obxectivos marcados: conseguir un maior equilibrio de xénero na nosa asociación. Hoxe presentamos a María Peinado, unha deseñadora malagueña que se mudou a Galicia e xa forma parte da nosa rede profesional. Benvida a Galicia e á DAG!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola a todos, encantada de saudarvos por aquí. 

Chámome María, son malagueña, e despois duns anos vivindo tamén en Barcelona, Edimburgo e Madrid, aterricei en Galicia hai escasos meses. Moi contenta co cambio e con moitas ganas de descubrir e coñecer esta terra e a todos vós. 

Son licenciada en Historia da Arte, Fotografía e Estética da Arte Contemporánea, pero o entusiasmo polos catálogos de arte e os libros impresos en xeral, leváronme ao deseño editorial e aí é cara onde oriento e focalizo o meu desenvolvemento profesional e persoal.  

Creo e aposto por un deseño que humanice a través da comunicación, como ferramenta de entendemento, achegamento e mellora social. 

Cheguei á Asociación buscando, aquí no Atlántico, novos compañeiros de gremio cos que poder compartir, colaborar, facer traballo en común e aprender cousas novas. Ilusionada con poder aportar o meu gran de area. 

Unha aperta e moitas grazas pola acollida.

Perfil de María Peinado
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.