• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-04-2023 11:51:51

A EASD Ramón Falcón cumpre 50 anos

O pasado 24 de marzo inaugurouse no Vello Cárcere de Lugo a exposición «Cabeza, Man, Corazón», a primeira das principais accións conmemorativas deste 50 aniversario da EASD Ramón Falcón.​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O 50 aniversario da escola produciuse realmente no ano 2019, mais a pandemia fixo que todos os plans de celebración que se planificaran para ese curso académico se retrasaran e puideran ser unha realidade neste curso 2022-2023. 

Unha das accións máis importantes​ ​​que organiza a Escola é a exposición «Cabeza, Man, Corazón», ​inaugurada o pasado 24 de marzo no Vello Cárcere de Lugo e que pode visitarse ata o 30 de abril. O título destaca tres termos, «cabeza» para a creatividade e a imaxinación, «man» para a habilidade e o oficio, e «corazón» para a honestidade e o amor, como xermolo das escolas de artes e oficios entendidas como centros para o estudo, preservación e investigación dos valores artesáns, artísticos e de deseño.

A exposición amosa un percorrido polos 50 anos de historia do centro a través de intervencións do propio alumnado que pasou pola escola durante todos eses anos. Dentro do centenar de participantes da mostra atopamos socios e socias de DAG, como o noso presidente Xóse García de Piedrapapeltijera, José Manuel Pérez de Era Comunicación, Marta Castro de Hey Castro ou Segundo Fdez de Sond3, entre outros.

A segunda exposición preparada para este aniversario terá lugar na Capela de Santa María de Lugo e poderá visitarse ​desde o 14 de abril ata o 21 de maio. Nela o alumnado actual do centro revelará a súa particular visión do futuro, onde a escola será sempre o punto de encontro​​.​​

Seguide atentas á web e ás redes sociais da EASD Ramón Falcón para coñecer de primeira man todos os actos conmemorativos deste 50 aniversario. ​​

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.