A Galicia Design Week volve cunha ampla programación
Do 14 ao 23 de maio diferentes localizacións da cidade da Coruña acollerán a estensa programación que ten preparada a organización da Galicia Design Week 2026, da que forma parte o socio Álex Rico.
Como nas anteriores edicións, a programación divídese en Off, Talks, Workshops e Showroom, complementada cunhas quedadas Session, xornadas Gastro e varias Expo con deseño galego e nacional.
O Studio Follow acollerá as Talks, nas que participan a revista Obradoiro (arquitectura e deseño editorial), Isabel Sierra (IA), Franka (IA e Slopificación creativa), Dame Après Paris (moda), Ana Inés Jabares-Pita (escenografía), Thru (motion graphics), Alexander Gross Studio (dirección de arte), Fondo (gastronomía), Murph (dirección creativa), Summa + Grávita (branding), Burr + Studio Animal (arquitectura), Design Office Fun (gráfico), Bagel Affairs (retail), Andrea Carandino (ilustración e dirección de arte), Aitor Molina (dirección creativa) e Xoxo (audiovisual).
Os 7 obradoiros planificados impartiranse no Studio Follow e en Vavava Haus: Deseño a través do movemento, realizado por Kit x Thru; No cap, taller lúdico de fanzines, impartido por Alexander Gross Studio; Desaprender a cidade, realizado por Cenlitros; Prägnanz, desenvolvido por Costa; Deseño de personaxes, por Amigos Solutions; Deseño sonoro con vinilo, impartido por Sama Yax; e, por último, Creación dunha obra musical desde cero, con Rafa Santos.
En canto ás exposicións sobre deseño que poderedes visitar, dúas delas realizaranse no propio Studio Follow: Diseño presente, que aglutina os Premios ADG Laus 2025; e Xan, exposición de ilustración do artista galego Xan. As outras dúas aínda non teñen concretada a localización e levan por título Designed in Galicia e #Novodeseñogalego. Estade atentas ás canles de comunicación oficiais para informarvos.
No acto de inauguración desta nova edición da Galicia Design Week, o xoves 14 de maio ás 11.30 h no Studio Follow, a DAG participa xunto con representantes da Fundación Ría e do FAD nunha conversa sobre o deseño no ámbito público.
A maior parte do programa é de balde, mais os obradoiros e algunhas actividades teñen un custo adicional, polo que cómpre anotarse canto antes para non perderen as prazas. As persoas asociadas a DAG teñen un desconto especial nos obradoiros. Tedes toda a información na web do evento, deseño firmado este ano polos compañeiros de Novagarda, Iago Barreiro e Alberto Carballido.