• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
13-02-2023 11:51:51

A tenda de papelería Moslo ofrece un desconto especial ás persoas asociadas á DAG

MOSLO a tenda de papelería de deseño e accesorios ubicada en Santiago de Compostela ofrece un desconto do 10% a todas as socias e socios tanto na tenda física como na tenda online.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A tenda, iniciativa do socio Alberto Rodríguez e a súa parella, ten moitas ganas de estar preto da xente e conta con coleccións únicas de papelería, escritura, complementos de escritorio e edicións limitadas elaboradas por pequenos talleres coidadosamente seleccionados. E por iso tamén conta cun pequeno rincón no que podes descansar, conversar, pensar tranquilamente ou leer un dos numerosos libros de deseño que poñen a disposición do público. A súa filosofía é que cada producto que teñen na tenda axuda a ser máis productiva, creativa e organizada no teu día a día. 

Están en Santiago de Compostela, na rúa Virxe da Cerca nº 10, en horario de 10:00 a 15:00h e de 17:45 a 21:00 de luns a venres e sábados de 10:00 a 14:00 h. Aquelas persoas asociadas que estean interesadas en acollerse ao desconto online poden solicitar o código correspondente enviando un email a info@dag.gal. Na tenda física, con amosar o carné de asociada ou indicar o nome e apelidos é suficiente. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.