A tipografía será a protagonista do segundo workshop do FEED 17
E non só será a protagonista do obradoiro Curvas suaves - do debuxo á pantalla que Joana Correia impartirá durante a mañá da segunda xornada, a tipografía voltará a estar presente na sesión da tarde na que Joana tamén participa cunha palestra sobre Variable Fonts.
Joana Correia é unha deseñadora de tipos portuguesa cuxa paixón son o lettering e a tipografía. Cursou o Máster en deseño de tipos da Universidade de Reading; antes diso, traballou como arquitecta e estudou Deseño Gráfico.
Na actualidade vive no Porto e traballa como deseñadora free lance. Personaliza tipografías e deseña as súas propias para o seu uso en identidades ou con fins editoriais. Organiza workshops, dá conferencias e foi profesora na ESAD Matosinhos desde 2011 até 2017.
Ao longo da súa carreira profesional desenvolveu tipos de letra para clientes como Google Fonts e a Indian Type Foundry. Ten un interese especial no alfabeto Devanagari e noutros alfabetos indios. Cofundou, xunto con Natanael Gama, a fundición Ndiscover onde desenvolven novos tipos de letra e proxectos personalizados.
Inscríbete en: