A vaixela Ferrádica de cenlitrosmetrocadrado no Museu del Disseny de Barcelona
Esta semana soubemos que o deseño que cenlitrosmetrocadrado realizou para Sargadelos en colaboración con Abastos 2.0 vai pasar a formar parte da colección do museo. Moitos parabéns Manuel, Ricardo e Xabier!!!
Para saberdes máis sobre a Ferrádica dos cenlitrosmetrocadrado, podedes ver este vídeo elaborado polos autores en que falan do proceso de traballo ou consultar a información dispoñíbel sobre o proxecto na web do estudio.