A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo
O Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo, organiza a exposición A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, unha mostra formada por máis de 350 pezas que amosan a evolución creativa da cerámica de Isaac Díaz Pardo durante o período que vai de 1947 a 2006.
Trátase da primeira gran mostra realizada sobre a produción cerámica levada a cabo por Díaz Pardo e nela figuran as obras orixinais dos seus comezos nesta actividade artística, así como tamén os últimos prototipos deseñados por el e os seus colaboradores (entre os que cómpre destacar a Luís Seoane co que funda o Laboratorio de Formas) nas fábricas do Castro (Sada-A Coruña), Magdalena ( A Arxentina) e Sargadelos (Cervo-Lugo).
De martes a sábado: 10.30 a 14.00 h / 16.00 a 19.30