A WOODY Collection de RoKdesign formará parte da exposición VINÇON Barcelona
O proxecto WOODY Collection do noso socio Antón García (RoKdesign) acaba de ser seleccionado para a VINÇON Barcelona, unha exposición colectiva que reúne varias propostas de accesorios de cociña e que se inaugura este xoves día 15 ás 18.30 h.
WOODY Collection é un proxecto en fase conceptual en busca de empresas interesadas en comercializalo que está conformado por unha familia de soportes para cápsulas de café:
-
“3 en raya” concibido como un obxecto interactivo que ademais de cumprir a súa función permite que os usuarios se entreteñan mentres toman o café.
-
“Gon” que representa un hexágono erosionado e que se pode colocar de maneira horizontal sobre unha mesa ou ben en vertical colgado da parede.
A base de ambos os soportes é a madeira maciza e combínase segundo o modelo con pezas metálicas e de silicona. Este contraste entre o industrial dos perfís de aceiro ou silicona e as formas amables da madeira dotan de carácter as pezas.
Dossier sobre a WOODY Collection:
http://issuu.com/rokdesign/docs/rokdesign_en_vin__on_woody_collecti/0