• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
18-01-2022 12:00:00

Aberta a convocatoria dos Premios ADG Laus de deseño gráfico e comunicación visual

Arrinca a 52ª edición dos premios ADG Laus onde os e as profesionais do deseño gráfico, a publicidade e a comunicación visual poderán inscribir os seus mellores proxectos ata o 14 de febreiro de 2022.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Asociación de Diseñadores Gráficos y Directores de Arte (ADG-FAD) abre a convocatoria de inscricións da 52ª edición dos Premios ADG Laus nas categorías Deseño Gráfico, Dixital, Publicidade e Audiovisual para profesionais do deseño gráfico e a comunicación visual, os Laus Estudiantes para estudantes de deseño, publicidade, audiovisual e dixital de todo o país, e a categoría Laus Aporta, que busca recoñecer proxectos que a través do deseño conseguiron redimensionar unha información, un servicio ou un produto social e culturalmente.

O xurado que outorgará os Premios ADG Laus 2022 destaca polo seu carácter independente e transversal, e está integrado por grandes profesionais do sector do deseño e da comunicación visual, recoñecidos a nivel nacional e internacional como Marisa Gallén, Enric Aguilera, Marta Yarza, Ana Mirats, David Ruiz, Patricia Luján, Raúl Ortiz, Tara Rego, Jean-Paul Frenay e Óscar Guayabero, entre moitos outros.

A convocatoria de inscricións permanecerá aberta ata o vindeiro 14 de febreiro. Toda a información e condicións de participación aparecen detalladas nas bases. A presentación de proxectos para esta edición realízase na páxina web dos premios e todas as persoas asociadas á DAG, como entidade amiga, poden beneficiarse dun desconto do 15%.

Bases dos Premios Laus
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.