Aberta a convocatoria para participar na BID 2024
Ata o 16 de xullo está aberta a convocatoria para que deseñadores e deseñadoras participen coas súas pezas na Bienal Iberoamericana de Diseño, BID 2024, organizada por Dimad. Os socios e socias de DAG teñen un desconto especial.
A BID é unha cita imprescindible de carácter internacional que aglutina e vertebra todas as áreas de interese do deseño, conectando países, empresas, profesionais, estudantes, centros de estudos, provedores… para crear redes e encontros de valor para todas as persoas participantes. A cita comeza o 8 de outubro de 2024, mais estende as súas actividades durante casi dous anos. A semana inaugural será do 8 ol 13 de outubro. Este ano a exposición traballa baixo o lema «Deseño expandido» e céntrase en explorar como o deseño está en constante evolución e se enriquece mediante a súa interacción con outras disciplinas, incorporando os avances e os retos que ofrecen as novas tecnoloxías.
Como parte de Read, os socios e as socias de DAG teñen un 10% de desconto na inscrición de cada proxecto que queiran presentar para a exposición BID24. As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria aquí mesmo ou a través da propia páxina web da Bienal. A participación ofrece o acceso ao Selo BID, marca de calidade e estándar de excelencia que conleva unha serie de oportunidades de visibilidade. Animámosvos a aproveitar o momento e participar.
A BID desenvólvese cada dous anos na Central de Diseño de Matadero Madrid e é a cita máis importante do deseño contempoáneo iberoamericano. Esta iniciativa permite ao público achegarse á disciplina do deseño e a súa contorna, ademais de ser un punto de encontro e reflexión sobre a profesión e un espazo idóneo para establecer relacións entre profesionais, con empresas do sector e o ámbito académico. Ano tras ano consolídase como un foro para xerar ideas e compartirlas.