• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
11-01-2023 12:00:00

Aberta a convocatoria para presentar proxectos aos Premios ADG Laus 2023

A 53ª edición dos premios ADG Laus xa está en marcha. Tanto profesionais como estudantes de deseño gráfico e dixital, publicidade e comunicación visual poderán inscribir os seus proxectos ata o 17 de febreiro de 2023. As asociadas a DAG cun 15% de desconto.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Asociación de Diseñadores Gráficos y Directores de Arte (ADG-FAD) acaba de abrir a convocatoria de inscricións da 53ª edición dos Premios ADG Laus nas categorías Deseño Gráfico, Dixital, Publicidade e Audiovisual para profesionais do deseño gráfico e a comunicación visual, os Laus Estudantes para estudantes de deseño, publicidade, audiovisual e dixital de todo o país, e a categoría Laus Aporta, que busca recoñecer proxectos que a través do deseño conseguiron redimensionar unha información, un servizo ou un produto social e culturalmente.

O xurado que outorgará os Premios ADG Laus 2023 está integrado por grandes profesionais do sector do deseño e a comunicación visual, recoñecidos a nivel nacional e internacional, como o noso socio Cibrán Rico de Desescribir, Ainhoa Nicolau, Lluis Morillas, Ramón Soler, Ena Cardenal de la Nuez, Pablo Amade o Rubén García Alí entre moitos outros.

A convocatoria de inscricións permanecerá aberta ata o próximo 17 de febreiro. Toda a información e condicións de participación aparecen detalladas nas bases. A presentación de proxectos realízase na páxina web dos premios e todas as persoas asociadas á DAG, como entidade amiga, poden beneficiarse dun descuento do 15%.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.