• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26-04-2022 12:00:00

Aberto o prazo de solicitude das axudas DeseñaPeme 2022

As axudas están destinadas á incorporación do deseño en pemes e microempresas galegas como ferramenta de innovación e sostibilidade.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

DeseñaPeme 2022 son axudas para a mellora da capacidade de innovación e sostibilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias, marcas e identidade corporativa.

Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a desenvolver nas empresas beneficiarias:    

  • Deseño de produto: concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.    

    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.

    • Posibilidade de integrar no proxecto:    

      • Deseño circular para conseguir novos produtos sustentables.

      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao produto.

      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto.

  • Deseño de servizos e experiencias: concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.    

    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.

    • Posibilidade de integrar no proxecto:    

      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia.

      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia.

  • Deseño de marca e identidade corporativa: formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.    

    • Duración mínima do proxecto: 6 meses.

    • Posibilidade de integrar no proxecto:    

      • Traballos de deseño gráfico, identidade visual, embalaxe, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de marca coa que a empresa proxecta a súa identidade cara ás persoas e o mercado.

A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e subvención a fondo perdido. As axudas deste programa poderán ser solicitadas por microempresas, pequenas e medianas empresas individuais con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. Quedan excluídas as que están integradas na sección J dos códigos CNA​E 2009 (información e comunicación​)​. ​O prazo de presentación de solicitudes é ata o 23 de maio.

Toda a información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.